Aniversario

      A las seis del sábado 29 de abril de 2006 se celebró en la iglesia parroquial de Flariz de primer aniversario del fallecimiento de Pepe,

Xa fai un ano 

Querido Pepe…xa fai un ano e ainda non creo nada do que pasou, cada día penso nas circunstacias nas que nos deixaches e non acabo de creer que sexa certo todo o que aconteceu…pero a vida e así de dura e quixo que te foras sin poder despedirte de toda a xente que te quería, eu sabía que era moita, pero nunca pensei que fora tanta como en verdade e…realmente e un orgullo saber que tiñas tantos amigos, e tan variados, que un ano despois da tua morte topanse conmigo e non poden conter a emoción . 

Acórdome que un día falando destas cousas da morte, que todos pensamos que a nos nunca nos chegará, dixechesme que a millor despedida que se lle podía facer a unha persoa coma ti era igual que cando falleceu o noso amigo Ernesto, que despois do funeral tomouse un viño na sua memoria, como ti ven sabes, o dia que nos deixaches fomos a bodega do teu amigo Ernesto, onde a ti tanto che gustaba ir, tomamos un viño na tua memoria, e estou seguro que ti estabas moi contento polo que alí acontecía,

Naquela conversa tamen me confesaches que outra das cousas que che gustaría era que cando te meteran na sepultura un gaitero tocara o himno do antigo Reino da Galiza … desde ese día teño clavada na alma o non poder cumplir o que eu sabía ti querías, ….intentámolo…., pero foi imposible. Un gaiterio amigo noso foi incapaz de tocar… díxome que o sentía pero que para él era imposible tocar no teu enterro, non tiña forzas, como nos pasou a todos nos.

Xa pasou un ano, e cada día que penso en ti doime o corazón non poder cumplir con un dos que eu sabía era o teu desexo.

Hoxe, despois da misa, e diante da tua sepultura un gaiteiro tocarache o himno co que a ti che gustaría que te despediran, estou seguro que o escoitarás, e que o disfrutarás xa que no me cabe ningunha dubida que estás con nos, pero nistes momentos mais que nunca.

Tería moitas cousas mais que contarche, pero agora mesmo o único que che digo e que sempre te recordaremos, que sempre estarás entre nos, e que mentres eu poida nunca camiñaras solo.


Anterior

Portada

 Arriba 

Siguiente