XXVI Festa do Emigrante. Homenaxe a Pepe

Os días 11 e 12 de agosto celebrouse en Flariz a XXVI Festa do Emigrante, pretendimos rendir un pequeno homenaxe a unha das persoas que loitaron para que a festa fose adiante e nunca deixara de celebrase, coa simple intención de pasar un par de días nos que todos disfrutáramos de toparnos cos nosos familiares e amigos.

 

 

    A continuación podedes leer unha serie de textos publicados nun pequeno libro da XXVI Festa do Emigrante, nos que, estou seguro, reflexan en moitos aspectos como era Pepe.

 

Sempre pensei que nos "os maiores" debiamos ser o espello no que "os pequenos" se miraran, entre outras cousas axudalos a manter vivos os recordos que por a sua corta idade criamos que sos non serían capaces.Todo isto veuse abaixo cando unha recente viaxe a Londres (na que disfrutei da compañia de parte da túa familia), un deles contábame como se enterou de que ti xa non estabas entre nós; á vez que me preguntaba ¿ónde esta agora? ¿alí hai festas?... despois de tentar situarme e tragar saliva... dixenlle que "onde ti estabas sempre había festa" "e que ademáis desde alé velabas por todos nós, e en especial poloa pequenos aos que tu tanto querías, porque eras un máis deles".

 

Teus amigos, os que seguimos eiqui, tentaremos que sempre te recorden, pero como ves non temos que facer nada, ti XA O FIXECHES ANTES DE DEIXARNOS, estás eiquí con todos nós, todos te recordamos e segues estadno nas nosas vidas, nas nosas festas. (Luisa). 

Como me gustaría  asomarme a ventana e verte baixar, un ano mais, por o Outerio, ca tua libreta negra debaixo do brazo intentando convencer os mais remisos. o teu era o corpo a corpo; a charla serena, sen presas, nunca decias que non a ese viño ou licor que che ofrecián o veciño de turno. ¿Como ganabas nas distancias cortas!.

    Que contradición só tiveches presa para irte un bo día; perdón?, un maldito día, deixándome un vacio que naide logrará encher.

    Propoñovos a cada un dos que, coma min, tivestes a sorte de coñécelo que durante uns segundos cerremos os ollos, e o recordemos. ¿Non é dificil! ¿verdade?... e así conseguiremos que hoxe de novo este entre todos nos, e cuando na praza soe esa canción que tanto lle gustaba!..."Hoy quiero contarles a ustedes!!!" miremos o noso lado e alí estará Pepe, cos ollos abertos como pratos, coa súa libreta negra debaixo do brazo, e seguro que pensando! Cómo sairemos de esto?... chegaranos os cartos? eu o ano que ven dígolle o Cura que non quero saber nada...!, Tito, ves! son caros, pero os mellores!...

Por abarates da vida unha das túas libretas chegou as miñas mans. conservoa como unahg xoia. Nela está o teu recordo, os nosos cabreos, as nosas risas! durante os últimos vintecuatro anos.

Este año eu levareí a túa libreta negra ¿E o meu homenaxe!

Moitos pensarán que esta non é a mellor forma de recordarte, pero é a miña e sería a túa.

 

P.D. Primo, xa sei que o sabes, pero...!!!

A París voltou a Flariz

A bodega un éxito

E a nosa Virxen, un día ira a visitarte a Flariz, xa sabes...!!!  ¡¡¡ o forno non está para bolos!!! (Tito). 

Xa fai dous anos que te fuches e, a pesar do tempo transcurrido, sigo votandote de menos en todos os momentos da miña vida, pois tu eres parte dela.

    Dende fai tempo algo golpea na miña cabeza, e fai ainda mais dolorosa a tua partida.

    Nas tuas múltiples andazas por eses mundos de Deus, o teu regreso sempre me traias un agasallo "nunca te esquecias" "sempre era sorpresa" do teu maletero saian ovos, tomates, galletas, zapatos ? ti non comprabas a ti vendianche. despois, xa en San Martiño, na nosa Bodega diante dun cacho de pan e un vaso de viño contábasme as túas peripecias por esas festas e feiras as que a ti tanto che gustaba ir, pero días antes de deixarnos preguntáchesme ¿Qué queres que che traia de Andorra?. O principio non lle din importancia, pero co paso dos días, penso que tu quizas presentiches que esa ia ser unha viace distinta a outras.

¿acaso te estabas despedindo?

¿Cómo lamento non terche dado o último abrazo!

Tamén, esa vez, o teu regreso trouxéchesme algo!! a maior tristeza que un home pode sentir!! (Licho)

Hoxe boute recordar a ti Parente, coma a ti che gustava chamarme. Poderíao facer de moitas maneiras, dende cando ía o "Lopo" a xogar co teu irman e cos outros rapaces a "Los Hombres de Harrelson", pasando  por esa etapa na que eu te empecei  a coñecer de verdade.

    Foi en Bilbao onde o medo que ti sentias a que me estouraran o peito, facíanos arrodillar para mirar os baixos do coche. eu sei que era por min, xa que ti campabas as tuas anchas o lado do noso amigo Juan, ó que agora serguirás disfrutando.

    Pero o momento no que me decatei da grande complicidade que nos uniá foi aquela fría noite de inverno na que case na oscuridades me entretiña lendo o MARCA. Ti apareciches pola porta do hotel, e despóis dunha pequena conversa confesáchesme o grande segredo e o grande problema que agochaba a túa vida. Nunca pensei en que ti me elixiras para compartir tal menester.

    Coa chegada de "Crego e Monaguillo", coa confianza que depositaches en min en dita conversa e axudados pola nosa soltería comenzaron as continuas andanzas co noso viño.

Unha des´máis recordadas por este monaguillo foi aquela tarde e aquela noite de primavera na que as horas que pasamos xuntos non che pareceron suficientes, e xa entrando pola porta da nosa adega (xa eran as dúas), ti fixéchesme voltar a Verín para que eu vise a exposición de botellas que o remiso do Jordi tiña por toda a barra. Ti xa sabes como acabou a cousa. Xa no segundo intento puiden recuperar a porta da adega ás sete da mañá.

    Tamén che quero recordar a noite que pasamos co Licho, co "Obrero", e co "Minero", facendo tempo ata as sete da mañá, hora que teu amigo Miras saía da casa e tiña que ver alí ó seu escolta.

    Ou o día da primeira Feira de Viño, ¿cantos emborrachaches aquel día!. Ti eras duro de tumbar, serías un bo candidato a gañar a Ruto en Londres.

    Bueno partente, xa para rematar gustaríame saber que fas con meu padriño e con nos primo. Non sei nin entendo como, pero seguro que bebedes moito Monaguillo. Eu sei que vás tedes noita culpa dos éxitos do nos viño. ¡Cómo presumides da vosa adega!

    "O MAIS GRANDE" ponse tozudo ás veces, como sempre. Fáltasme ti para darlle caña, paro eso as festas séguense facendo para todo o mundo e cada vez hai mñás ovellas no "Corgo". Pero que lle imos facer, ti e máis eu saemos como é SIMPLEMENTE O MELLOR. Marta segue recordándote polo paraugas que lle regalaches. Teu irmán, estache a cumplir todos os teus caprichos. Sei que aínda te sentes orgulloso cando me escoitas decir que él é mellor ca ti.

    Remato facendo miña aquela frase que un día me dixo a nosa amiga:

"Eu sólo quixera que cando morrese os meus amigos me recordaran con tanto cariño e con tanto respeto com te recordamos a ti". (Tito)



Anterior

Portada

 Arriba 

Siguiente