Caravillas sempre está disposto a satisfacer as necesidades dos que
transitan polas Zarrapas.
Aqueles negrillos, que antano daban sombra, para protexer da calor ós
viaxeiros que elexían esta rota para adentrarse en Galicia sufriron a
peste e desapareceron. Caravillas nunca máis lle botará unha pizca de auga.
- Sei que estás aí, o outro lado das ondas. Escoitando a COPE, coma sempre.
Fiel a teu amigo, que nos quixo deixar, que non pediu permiso para irse,
para abandonarnos para sempre.
Agora non meterá o coche oficial no patio, para tomar tranquilamente ese
frugal ágape, que sempre lle tiñas, acompañándoo con ese viño que os dous
traíades do pais veciño.
Non se meterá máis contigo, nin viaxarás con el a ver ó teu Madrid
querido.
Seguramente que ó volver cada mércores a Chaves faltarache o compañeiro,
que tanta lata che daba porque nunca tiña presa. Enrollábase con calquera
e tiña que recorrer tódolos postos do mercado. Desexaba ver todo, cando ti
só comprabas o necesario e listo para comer, pois había que regresar para
atender o negocio.
Sabemos amigo Caravillas que seguramente está alí, onde algún día
estaremos nós e Deus queira que ó lado del, pois ti sabes que un ser tan
querido coma Pepe ten que estar no mellor dos mundos.
Porque ti tamén sabes que o recibiu San Pedro e a chave máis grande abriu
a porta máis grande, porque Pepe non ía só. Todos iamos con el, porque non
sabía vivir sen nós e nós sen el.
Para calquera encomenda na capital había que chamalo e... ¿agora?.
Ti sabes ben que tardar, tardaba, pero a misiva chegaba aínda que botara
un montón de días no coche.
Quero recordar unhas verbas da amada que a prensa publicou hai uns días.
Palabras que din o sentir profundo dun ser querido, cando ve que o outro
se vai.
“Esos ojos azules tan lindos no volverán a mirarme, yo no los veré jamás”.
“Tú me iluminarás porque tus ojos se habrán convertido en dos estrellas
del firmamento”.
“Algún día me reuniré contigo, no sé cuando podremos cumplir nuestros
sueños, tus promesas…”.
Esta “amada”, amigo Caravillas só ti sabes quen é, pero coma sempre debes
gardar este secreto, porque Pepe desde arriba está a mirarte, observando,
polo que non lle debes fallar.
Non debemos cantar: “...cando un amigo se va...”
Artículo Leído por Adolfo Rolán en COPE Verín
http://www.verin.blogia.net